venres, 14 de outubro de 2016

MUDAMOS!!!

A nova ligazón para acceder o blog do ANPA O MUIÑO é https://anpaomuino.wordpress.com/

Agradecemos a vosa fidelidade   e esperamos que vos atopedes moi agusto no novo espazo virtual.

mércores, 5 de outubro de 2016

I XORNADAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE


Esta fin de semana presentanse en Redondela a I Xornada de atención a diversidade con intervencións tan importantes como a do Dr. Ángel Carracedo Álvarez (Premio Nacional de Xenética aplicada 2015)

As xornadas contan con servizo de gardería e tradución de lingua de signos e está dirixido a profesionais e familias.


VI XORNADAS SOBRE TDAH ANHIDA

O vindeiro 22 de outubro celebraranse as VI Xorndas ANHIDA formativas e informativas sobre TDAH.

As xornadas son de máximo interese e dividense en dúas partes: ponencias e obradoiros.

Lugar: Helios Centro Cultural Bembrive
Horario: 9 - 20.15 h
Inscripcions: anhidavigo@anhida.org ou nos tlf 886 123 864 - 654 735 266



luns, 3 de outubro de 2016

BECAS E AXUDAS DO MECD

As becas e axudas para alumnos con necesidad específica de apoio educativo para o curso 2016/2017 do MECD ampliou o plazo para presentación das solicitudes ata o día 6 de Outubro.

Para mais información premer no seguinte link.

sábado, 1 de outubro de 2016

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS A LINGUA DE SIGNOS

Debido a boa acollida da anterior edición destas Xornadas organizadas pola FAXPG , ofrécese de novo as "Xornadas de Portas Abertas da Lingua de Signos" no mes de outubro nas sete principais ciudades de Galicia.

Levarase a cabo unha clase de proba de 120 minutos totalmente de balde para persoas maiores de 16 anos interesadas en aprender esta lingua.

Para apuntarse as xornadas ou obter máis informazón só tedes que entrar na web da FAXPG.


I MARCHA CICLISTA POLOS MONTES DE VIGO

Achegamos esta información, agardando que sexa de interes.


luns, 19 de setembro de 2016

REALIZACIÓN DE PANCARTAS E MANIFESTACIÓN

Estimadas familias:

Mañá martes 20 de setembro ás 16,30 h convidamos a toda a comunidade educativa a reunirnos na escola para elaborar as pancartas que levaremos na vindeira manifestación en contra da nova zonificación proposta pola Consellería de Educación, proposta que, recordemos, afecta os nosos nenos directamente xa que, esta organización supón enviar os alumn@s a máis de 10km de distancia do barrio, con todo o que iso supón.

O xoves 22 de setembro terá lugar a manifestación que sairá dende o CEIP ALFONSO R. CASTELAO ás 18h e rematará na Pza. América.

Esta nova mobilización é unha oportunidade única para que nos escoiten, para amosar o noso desacordo coa situación actual e solicitar unha nova zonificación máis xusta. 

Contamos coa vosa participación!!!






domingo, 18 de setembro de 2016

FESTIVAL DAS NÚBEBES

Este fin de semana comezou a cuarta edición do Festival das Núbebes na cidade de Pontevedra.

Para quen non coñeza esta iniciativa, trátase dunha estupenda proposta que comprende actividades moi diversas dirixidas a bebés e nenos de 0 a 6 anos e as súas familias, por diversos espazos da cidade (Casa Azul, Teatro Municipal...) e, a maioría, son de balde.

Este ano, ademáis da habitual oferta de obradoiros e mostras de  música, danza, contacontos, xogos, etc, a sección de ponencias para profesionais trae o recoñecido pediatra Carlos Gónzalez, escritor de varios libros sobre a crianza con apego , a lactancia materna e outras cuestións de máximo interese, sempre dende a persectiva do respeto ó nen@.

Estas ponencias serán os días 24 e 25 de setembro e estarán abertas tamén as familias.

A continuación tendes o programa completo.





Animamos a toda a comunidade educativa a asistir!

martes, 13 de setembro de 2016

COMUNICADO DA ROLDA DE PRENSA E NOTICIAS







  ROLDA DE PRENSA 12/09/2016

Estamos hoxe aquí principalmente porque, na zona escolar á que este centro pertence, existe un problema grave: non hai prazas públicas suficientes na ESO para todos os alumnos que a demandan. A esta situación non chegamos sen máis, nin chegamos de súpeto. Esta situación prodúcese porque padecemos anos e anos de mala xestión educativa.
Ante todo, a pasividade fronte unha zonificación e adscrición obsoletas, que non se adaptaron aos cambios que sufriu a cidade na última década. Isto provoca ineficacia na asignación, nas distintas etapas e en moitos dos barrios de Vigo.
No que a esta zona en particular se refire, a secuencia de decisións arbitrarias e, ao noso entender, carentes de toda lóxica, que se viñeron tomando. Nunha zona en clara expansión demográfica, provocada polo crecemento de Navia, decídese, fai xa catro anos, pechar a ESO nun dos centros nos que se impartían, aínda a sabendas de que os catro centros de secundaria restantes xa tiñan as súas aulas repletas. Era evidente, para calquera que saiba contar, que estes catro centros non serían capaces de absorber a demanda. E así foi. Tivemos que padecer a masificación de dous deses centros, durante estes últimos cursos e plantar cara á administración, desde o pasado mes de febreiro, para que  finalmente, despois de todo este tempo, recoñeza que é verdade, que os alumnos non entran nestes catro centros tal e como está configurada a repartición.
E agora, unha vez recoñecido o problema, que solución propoñen?: trasladar a escolares de 11 e 12 anos a cursar os seus estudos a máis de 10 quilómetros das súas casas. Os nenos e nenas de Navia, ao instituto de Valadares. Os alumnos de Balaídos… a Beade? Non o sabemos, isto xa o anunciaron e desmentiron en varias ocasións.
Non aceptaremos este tipo de parches. Debuxamos este mapa para analizar a situación actual e, ao facelo, descubrimos dúas cuestións que son o fondo e o contido da nosa protesta:
A primeira: existen casos nos que escolares que terían praza nun Centro próximo, son derivados tres veces máis lonxe. Por que? Parece que só cuestións derivadas do transporte escolar poden explicar isto pero, respecto diso, a única resposta desde a Administración Educativa, é que o transporte é intocable.
A segunda: nesta zona escolar, na que as prazas da ESO non son suficientes, dous dos catro centros de secundaria non abren as liñas desta etapa que poderían atender. E isto fano para poder abrir máis liñas de bacharelato que serán demandadas por alumnos que proveñen do ensino concertado. Así o xustificou o Xefe Territorial:
“Os pobres que optan por centros concertados, con todo o seu dereito, logo non terán diñeiro suficiente para pagar o bacharelato nos mesmos centros. Por iso hai que reservarlles unha praza de bacharelato o máis preto posible”
Nós estamos totalmente de acordo con isto. Todos os alumnos deberían ter unha praza de bacharelato o máis preto posible. Pero non apoiamos que, para garantir que todos os alumnos que proveñen do ensino concertado ou privado teñan praza en Bacharelato o máis preto posible, os alumnos do ensino público teñan que desprazarse a máis de 10 quilómetros das súas casas xa no Ensino Obrigatorio, cando son catro anos máis pequenos. É dicir, non aceptamos que se reserven os Centros públicos máis próximos á cidade para os alumnos que proveñen do ensino concertado e se deriven aos alumnos que optan polo ensino público aos centros máis afastados. O curioso é que, aínda por riba, esta elección é moito mais costosa para a Administración, para todos nós, posto que o transporte escolar na etapa secundaria obligatoria hai que sufragalo.

Queremos un estudo sobre a adscrición, sen privilexios, onde se teña en conta unicamente o criterio de proximidade e onde se repartan as prazas escolares públicas en función da demanda destas prazas, en cada unha das etapas. E pedímolo durante todos estes meses. Hoxe engadimos nesta rolda de prensa unha nova petición: a dimisión do Xefe Territorial, o seu cesamento.
Para nós non é xa un interlocutor válido. Coa súa actitude ignorounos, faltounos ao respeto e mentiunos. Mentiunos cando nos dixo que él podía decidir sobre esta cuestión como e cando quixese. Non é así. Non debería anunciar unha adscrición que, por normativa, debe pasar polo Consello Escolar Municipal e a Xunta de Directores, tras o informe da inspección educativa. E mente á cidadanía de novo cando envía unha nota á prensa, publicada onte, na que se afirma que os directores dos centros están totalmente de acordo coa súa decisión e que a protesta de FOANPAS é partidista e electoralista. Isto é unha farsa absurda, que dá mostras da súa forma de proceder. Reuniu aos directores dos IES Alexandre Bóveda, Santa Irene e Santo Tomé e do CEIP Balaídos e eles déronlle o seu apoio para adscribir ao CEIP de Navia ao IES de Valladares? Non sería máis lóxico entón que nesa reunión estivesen presentes os directores destes dous centros? E en canto á nosa oposición… levamos desde febreiro chamando a todas as portas na Administración. Dirixímonos á Inspección, ao Xefe Territorial, ao Director de Centros e de Educación, ao Conselleiro, ao Consello Escolar Municipal, ao Pleno, a absolutamente todos os grupos políticos municipais, ao Delegado da Xunta en Vigo. Temos escritos presentados en rexistro que atestiguan ese longo camiño.
A canle administrativa está esgotada e, de novo, comeza un curso cos mesmos problemas, comeza un curso que constituía a data límite para iniciar o camiño da mobilización, porque semella que é o único que nos deixan. Hoxe se celebra a primeira das movilizacións. Non será a derradeira.

 

luns, 12 de setembro de 2016

IMPORTANTE



POR UNHA ZONIFICACIÓN DIGNA XA!!!!

Estimadas familias:

O problema da zonificación está a pasar por uns momentos complicados e a administración educativa non está a aplicar un criterio único para esta cuestión senón que está parcheando a situación, neste intre temos o exemplo dos colexios adscritos o IES Alexandre Bóveda.
O IES Alexandre Bóveda está preparado e dotado para atender a cinco liñas educativas. Este é o número de liñas que albergaba ata o curso pasado e o número de liñas que, dado o espazo físico e material determinado polas súas instalacións, pode atender de xeito adecuado.
A Xefatura Territorial dita Resolución o 5 de febreiro de 2015 pola que ordena un cambio no reparto da adscrición. Antes de producirse esta modificación, o IES Alexandre Bóveda tiña 3 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos e CEIP Pintor Laxeiro) que enchían, xunto cos/coas repetidores/as que puidese haber, un total de 5 grupos que nutrían as 5 liñas do centro. Como consecuencia do cambio na adscrición, na actualidade o IES ten 5 centros adscritos (CEIP Seis do Nadal, CEIP Balaídos, CEIP Alfonso R. Castelao, CEIP Illas Cíes e CEIP Virxe do Rocío), que no anterior curso deu orixe, xunto cos/coas repetidores/as, a 6 grupos de 1º de ESO.
Por o anteriormente dito queremos unha zonificación digna para os nosos fillos, baseada no criterio de proximidade, que non teñan que pasar un proceso de baremación e ter a garantía de estar escolarizados nun IES dentro do entorno de residencia, polo cal os animamos a participar o vindeiro día 12 de setembro ás 19:00 na manifestación por unha nova zonificación en Vigo, baseada no criterio de cercanía, que sairá dende o CEIP Balaídos e o día 15 de setembro ás 19:00 na cadea humana e muralla de libros que terá lugar no IES Santa Irene.

Un cordial saúdo,

FOANPAS.

Onte despois de coñecerse que empezan as mobilizacións desde as ANPAS, sairon en prensa as seguintes noticias. 
Mobilizacións que comezan despois de múltiples reunións coa consellería sen recibir respostas claras.....pois onte atopámonos con isto nos periódicos o cal falta a verdade:


NOTICIA VOZ DE GALICIA




AFÉCTANOS A TOD@S É IMPORTANTE A NOSA PRESENZA